Proxectos
Videoclips e colaboracións musicais
Documentais e reportaxes
Espectáculos e eventos
Campañas e comunicación
Videoclip Estival
DJ Mil ft. Jamas · Febreiro 2024
Un proxecto musical icónico na escena hip hop galega, Estival destacou pola súa enerxía e estética visual. Tres Insuas coordinou unha extensa colaboración con artistas e performers galegos, incluíndo Marta Doviro, Paula Cereixo, Susana Sampedro, Desiré Pillado, Sabela Arán, Ortiga, Boyanka Kostova, o grupo de breakdance Break Inclán e Improversados.
O videoclip, dirixido por Lucas Terceiro e Paula Cereixo, converteuse nun fenómeno viral, acadando máis de 120.000 reproducións na primeira semana e demostrando o poder de Tres Insuas para conectar o talento local coa audiencia a través dunha forte narrativa visual.
Videoclip Ansiedade
Seixo · Maio 2024
Un proxecto artístico e conceptual que explorou as partes máis escuras da mente e do corpo humano, cunha atmosfera opresiva e unha danza parcialmente improvisada realizada pola actriz e bailarina Antía Vidal.
Dirixido por Lucas Terceiro e baixo a dirección de produción de Paula Cereixo, o videoclip acadou case 10.000 visualizacións, demostrando a capacidade da produtora para combinar narrativa, estética e emoción nun formato musical e experimental.
Videoclip Pelouro que roda
A Banda da Loba · Febreiro 2024
Produción realizada en colaboración co Concello da Estrada para conmemorar o Día de Rosalía. Tres Insuas combinou música, historia e narrativa visual para crear un proxecto emotivo e representativo da cultura local.
Cunha peza escrita e interpretada por A Banda da Loba, que fai unha referencia á elección do nome dos propios Rolling Stones, o videoclip contou coa participación de rapaces e rapazas dos distintos centros educativos do Concello da Estrada, que representaron ás integrantes da banda nunha proposta audiovisual cargada de simbolismo e identidade.
Tequexetéldere e o folclore galego
2024–2025
Lucas Terceiro mantén unha relación audiovisual e fogográfica histórica coa asociación Tequexetéldere desde o ano 2017, realizando distintas gravacións de múltiples pezas nos seus festivais e concertos.
Dende a creación de Tres Insuas, estes proxectos reforzan o compromiso da produtora coa cultura tradicional galega, adaptando a súa capacidade técnica a diferentes formatos e contextos, desde festas patronais ata eventos anuais de gran tradición coma a propia Rapa das Bestas de Sabucedo.
Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
2024–2025
Dentro dunha estreita colaboración de anos de historia, Tres Insuas realizou gravacións e producións para o OMM Carlos Barruso de A Estrada, traballando con artistas como Ton Risco e Joan Chamorro, en concertos nos que o propio Obradoiro integra a formación musical con contidos visuais de calidade profesional.
Colaboracións cos proxectos de María Joxé Pámpano
Maio 2024 e Agosto 2024
Por unha banda, a Gallaecia Ensemble Barroco, agrupación dirixida pola reputada violinista María José Pámpano que aúna estilos musicais históricos cunha posta en escena actual e innovadora, e por outra, Satellite Salitre, proxecto participante no Músicas ao Vivo.
A realización das promos de ambos proxectos por parte de Tres Insuas demostra a versatilidade da produtora para a cobertura de eventos musicais de diferentes estilos e épocas.
Pontecesures, 100 anos de historias
Setembro 2025
Dirixido por Lucas Terceiro e producido por Paula Cereixo, este documental recolle un século de historia do municipio a través de entrevistas con cidadáns, deportistas e ex traballadores locais.
Tres Insuas desenvolveu a dirección, produción e narrativa audiovisual do documental “Pontecesures, 100 anos de historias”, unha peza central nas celebracións do centenario do concello como municipio independente. O proxecto naceu coa vontade de converter un acto institucional nun exercicio real de memoria colectiva, capaz de emocionar, representar e conectar coa identidade profunda dunha vila cunha historia singular marcada polo río Ulla, o seu tecido industrial e o carácter da súa xente.
RuralMente
Xaneiro 2026
Tres Insuas desenvolveu a peza audiovisual central de RuralMente, unha iniciativa impulsada polo Concello da Estrada para poñer en valor o sector agrogandeiro como un dos piares fundamentais da identidade e do futuro do municipio. Nun contexto institucional, o reto principal foi transcender o formato clásico de vídeo promocional para construír un relato humano, próximo e emocional que conectase tanto co sector como co público xeral.
A produtora asumiu a conceptualización, rodaxe e montaxe dunha peza de aproximadamente dez minutos que serviu como eixo narrativo do evento, estreándose no Pazo de Xerlís ante máis dun cento de profesionais do ámbito rural. O enfoque creativo baseouse no testemuño directo dos propios produtores e produtoras, converténdoos nos verdadeiros protagonistas do relato. A través das súas voces, experiencias e espazos de traballo, o audiovisual constrúe unha visión global do rural estradense, amosando a súa diversidade produtiva desde a apicultura, a gandería ou a produción ecolóxica ata a sidra, o aceite ou o sector equino, e poñendo en valor o esforzo, a innovación e o arraigo á terra.
Reportaxe sobre os murais de Pontecesures
Xullo 2024
En colaboración con Vella Escola, Tres Insuas documentou a creación de murais históricos da vila de Pontecesures, realizados por David Doctoy utilizando pinturas KEIM fotocatalíticas que purgan o aire das superficies. A reportaxe captou a esencia da historia local, desde os valeiros e patifas ata o traballo no mar e o ferrocarril, combinando estética visual e documentación etnográfica, cun resultado que resalta a importancia do patrimonio cultural galego.
Reportaxes etnográficas dos Xenerais da Ulla
Febreiro 2024
Incluíndo as do Concello da Estrada e o entroido de Couso sobre os Atranques dos Xenerais do Ulla, estas pezas combinan investigación, narrativa audiovisual e sensibilidade cultural, situando a Tres Insuas como produtora capaz de documentar tradicións con rigor e estética propia.
Gala do Deporte de A Estrada
Decembro 2023 & Decembro 2024
Proxecto que Lucas Terceiro leva producindo desde 2019, e que ca entrada de Tres Insuas consegue consolidarse como un evento emblemático na comarca da Estrada. Dende o ano 2023, Tres Insuas encárgase da rodaxe do spot principal, os VTRs que se proxectan na gala e da produción técnica completa (luz e son) no teatro principal da vila.
A colaboración con presentadores da talla de Terio Carrera ou Pepo Suevos asegura unha conexión emocional co público, combinando imaxe, música e narrativa audiovisual de forma impecable. Cada ano, a gala non só celebraba os logros deportivos, senón que se convertía nun escaparate de producións visuais de alta calidade, mostrando o compromiso de Tres Insuas co deporte e ca excelencia técnica.
Mangoreté
Abril 202 (A Estrada) · Setembro 2024 (Ferrol) · Febreiro 2025 (Narón)
Comedia musical escrita, dirixida e protagonizada por Desiré Pillado e Bea García que combina cabaré, humor ácido e crítica social con música en directo e elementos audiovisuais. Estreada en 2017 e reestrenada en 2024 no Teatro Principal de A Estrada, a obra logrou encher tanto na súa estrea coma no emblemático Jofre ou o Auditorio de Narón, e conquistar ao público grazas á súa frescura, irreverencia e interacción co espectador.
Para esta versión ampliada, Tres Insuas Audiovisuais encargouse da produción e dos elementos visuais, coordinando a integración de vídeo e imaxe cas actuacións e o potente son da Big Band do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso. O resultado é unha experiencia multidisciplinar que une interpretación, música e medios audiovisuais nun espectáculo cohesionado e envolvente.
Co seu estilo único e temática actual coma as adicións, emigración, machismo ou política, Mangoreté consolídase como unha peza innovadora da escena teatral galega, demostrando o impacto, a calidade e a capacidade de xestionar proxectos complexos de Tres Insuas.
Dende a Sétima Arte e Dende Elas
Marzo 2024
Dous proxectos que mesturaron a interpretación, o cine e música en directo xunto á Banda de Música de Santiago de Compostela, protagonizados ambos por Monti Castiñeiras e pola propia Paula Cereixo.
Tres Insuas logrou transformar espazos emblemáticos coma o Teatro Principal de Santiago de Compostela ou a Praza da Quintana nun escenario cinematográfico, ofrecendo unha experiencia inmersiva para o público que combinou proxeccións visuais con actuacións en vivo, consolidando o talento creativo da produtora na organización de eventos multidisciplinares.
Flúor Fest
15 de Xuño 2024
Produción para MardyBum en formato de aftermovie do evento Flúor Fest. Este evento combina música en directo co espazo networking para o peche dun dos congresos de márketing consolidados como referente do eido publicitario, e o resultado mostra a capacidade de Tres Insuas para adaptarse a eventos efémeros con impacto visual inmediato.
Compostela Street
Setembro 2025
Tres Insuas foi a responsable da cobertura audiovisual de Compostela Street, un dos eventos de cultura urbana máis ambiciosos e multitudinarios da escena galega recente, que reuniu a máis de 10.000 asistentes e converteu Santiago de Compostela nun auténtico epicentro de creatividade, deporte e expresión contemporánea. Nun contexto de alta intensidade, cunha programación simultánea e multidisciplinar, o reto principal foi captar non só o que sucedía, senón a enerxía, a identidade e o pulso real do evento.
O traballo da produtora centrouse na documentación integral do festival, abordando múltiples frontes de maneira coordinada: competicións deportivas de alto nivel como o campionato de breaking ou o open de skate, disciplinas musicais como o beatbox e as batallas de gallos, así como actividades participativas, concertos e intervencións de arte urbana en vivo. A través dunha planificación áxil e unha execución técnica precisa, Tres Insuas conseguiu rexistrar a diversidade do evento sen perder coherencia narrativa nin identidade visual.
A nivel creativo, apostouse por unha linguaxe dinámica e contemporánea, cunha montaxe áxil e unha estética próxima á cultura urbana, capaz de transmitir a intensidade do directo e a experiencia do público. O foco non estivo unicamente na espectacularidade das disciplinas, senón tamén na comunidade que as rodea: participantes, público e organización, construíndo así un relato global que vai máis alá da simple cobertura para converterse nunha peza de comunicación con valor propio.
O resultado foi un conxunto de contidos audiovisuais que reforzan a imaxe de Compostela Street como un evento de referencia, amplificando o seu impacto máis alá dos días de celebración e contribuíndo á súa proxección futura. Con este proxecto, Tres Insuas consolida a súa capacidade para traballar en eventos de gran escala e alta complexidade, adaptándose a contornas dinámicas e ofrecendo solucións audiovisuais que combinan rapidez, calidade e identidade creativa.
Lula Goce & Victoria's Secret
Maio 2024
Tres Insuas asumiu a produción audiovisual dunha peza documental arredor da artista internacional Lula Goce e da creación dun mural para Victoria's Secret, un proxecto que unía arte urbana, identidade de marca e creación contemporánea nun contexto de grande proxección internacional. O principal reto consistiu en documentar o proceso creativo sen interferir nel, captando tanto o resultado final como a dimensión humana e artística da súa autora.
A través dunha realización baseada na observación e na proximidade, o equipo acompañou o desenvolvemento da obra desde as primeiras intervencións ata a súa conclusión, combinando planos de detalle, seguimento do proceso pictórico e entrevistas que permitían contextualizar o significado da intervención. A narrativa audiovisual buscou poñer en valor non só a execución técnica do mural, senón tamén a personalidade de Lula Goce e o diálogo entre a arte e o espazo.
O resultado foi unha peza elegante e coidada que reforza a dimensión internacional do proxecto e evidencia a capacidade de Tres Insuas para desenvolver contidos audiovisuais ligados á creación artística e á comunicación de marca, adaptándose a producións nas que a sensibilidade estética e o respecto polo proceso creativo resultan fundamentais.
Estrada Dixital
2024 - Actualidade
Estrada Dixital é unha iniciativa impulsada polo Concello da Estrada para achegar a cidadanía ás novas tecnoloxías mediante accións formativas, divulgativas e de innovación. Tres Insuas asumiu a creación da identidade audiovisual do proxecto, desenvolvendo unha estratexia de comunicación baseada na produción de contidos que transmitisen de forma clara e atractiva os obxectivos da iniciativa, conectando con públicos de diferentes idades e perfís.
O traballo da produtora abrangueu a realización de pezas promocionais, cobertura audiovisual das actividades, entrevistas e contidos para redes sociais, adaptando cada formato ás necesidades de comunicación do programa. A planificación, gravación e edición realizáronse mantendo unha identidade visual coherente, reforzando o posicionamento de Estrada Dixital como un proxecto innovador e próximo á cidadanía.
O resultado é unha colección de materiais audiovisuais que contribúen á difusión da transformación dixital no municipio e consolidan a capacidade de Tres Insuas para desenvolver proxectos institucionais de comunicación integral, combinando creatividade, planificación e calidade técnica.
Galería Trinta
Setembro 2025
Tres Insuas desenvolveu a peza audiovisual da exposición da Galería Trinta, un proxecto centrado na documentación e difusión do traballo artístico desenvolvido neste espazo de referencia da arte contemporánea galega. O reto consistiu en trasladar ao formato audiovisual a identidade da exposición, creando unha peza capaz de transmitir a experiencia expositiva máis alá do espazo físico.
A produción combinou gravación de obra, espazos e detalles coa construción dunha narrativa visual pausada e coidada, respectando o ritmo e a linguaxe propias da creación artística. O tratamento da luz, da composición e do movemento de cámara buscou reforzar o diálogo entre as obras e o espectador, xerando un contido elegante e coherente coa filosofía da galería.
O resultado final converteuse nunha ferramenta de comunicación que amplía o alcance da exposición e reforza a presenza dixital da Galería Trinta, demostrando a capacidade de Tres Insuas para crear contidos audiovisuais de carácter cultural cun elevado nivel estético e narrativo.
Campaña ABERTO
2024 - Actualidade
Tres Insuas desenvolveu a estratexia audiovisual da campaña ABERTO, unha iniciativa impulsada polo tecido comercial da Estrada para dinamizar o comercio local e fortalecer a conexión entre os establecementos e a cidadanía. O proxecto naceu coa vontade de crear unha identidade visual recoñecible e moderna, capaz de transmitir proximidade, confianza e dinamismo nun contexto no que a comunicación dixital resulta fundamental para a promoción do comercio de proximidade.
A produtora encargouse da planificación, gravación e edición das diferentes pezas audiovisuais da campaña, adaptando cada contido aos distintos soportes de difusión e ás necesidades comunicativas de cada acción. O enfoque creativo apostou por unha narrativa próxima e optimista, dando protagonismo aos propios comerciantes e aos espazos que conforman a identidade comercial da vila, xerando unha comunicación auténtica e representativa.
O resultado foi unha campaña audiovisual coherente e versátil que reforzou a presenza dixital da iniciativa ABERTO, contribuíndo á visibilidade do comercio local e demostrando a capacidade de Tres Insuas para desenvolver proxectos institucionais e promocionais que combinan estratexia, creatividade e calidade técnica.
Promo Feeberse
Xuño 2024
Peza promocional desenvolvida para Feeberse, unha plataforma orientada á creación de experiencias inmersivas e innovadoras. O proxecto centrouse na realización dun vídeo de presentación capaz de transmitir de forma dinámica o potencial da ferramenta, combinando recursos audiovisuais e unha narrativa clara para conectar co seu público obxectivo.
Tres Insuas asumiu a planificación, gravación e montaxe da peza, apostando por unha realización moderna e un ritmo visual que reforzase a mensaxe do proxecto. O resultado final converteuse nun recurso de comunicación eficaz para a difusión da marca e dos seus servizos.
Cursos de Comunicación SERGAS
Marzo 2024
Tres Insuas asumiu a gravación e edición de varias pezas formativas para o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), destinadas á formación do persoal sanitario en materia de comunicación e atención á cidadanía. O proxecto requiriu unha realización clara, didáctica e rigorosa, adaptada ás necesidades dun contorno institucional e formativo.
A través dunha produción coidada e unha edición orientada á comprensión dos contidos, desenvolvéronse materiais audiovisuais que facilitan a aprendizaxe e reforzan a calidade da formación interna do SERGAS, demostrando a capacidade de Tres Insuas para crear contidos especializados destinados ao ámbito sanitario e institucional.
Dinamiza TV
Marzo 2024
Tres Insuas participou na produción de Dinamiza TV, un proxecto audiovisual orientado á creación de contidos de divulgación e promoción de iniciativas locais. O traballo da produtora centrouse na realización de pezas dinámicas e atractivas, adaptadas aos diferentes formatos de difusión e cunha linguaxe visual próxima ao público.
A través dunha planificación coidada, gravación en diferentes localizacións e unha edición áxil, desenvolvéronse contidos capaces de comunicar de forma efectiva as accións e actividades do programa, reforzando a presenza dixital da iniciativa e demostrando a versatilidade de Tres Insuas na produción de formatos televisivos e contidos institucionais.
Día de Rosalía
Febreiro 2025
Tres Insuas foi a responsable da produción audiovisual do Día de Rosalía, unha iniciativa promovida polo Concello da Estrada para conmemorar a figura de Rosalía de Castro a través dunha proposta cultural que combinou literatura, música e patrimonio. O obxectivo principal foi construír unha peza capaz de transmitir a vixencia da autora e o valor da súa obra, conectando tradición e contemporaneidade mediante unha narrativa audiovisual próxima e emotiva.
O proxecto desenvolveuse a través dunha planificación que integrou a gravación dos diferentes actos e intervencións, así como a creación dunha peza final que recolle a esencia da celebración. A realización apostou por unha linguaxe visual elegante, centrada na forza dos espazos, da palabra e da música, xerando un relato que acompaña ao espectador ao longo de toda a experiencia.
O resultado foi un contido audiovisual que reforza a difusión da figura de Rosalía de Castro e contribúe á promoción da cultura galega, evidenciando a capacidade de Tres Insuas para desenvolver proxectos culturais de carácter institucional cun elevado coidado estético e narrativo.












