LA INTENSIDAD

UN PODCAST PRODUCIDO POR TRES INSUAS AUDIOVISUAIS E PRESENTADO POR JULIA ESCOBAR

La Intensidad  parte dunha premisa sinxela: cando se lle dá o tempo suficiente, as conversas cambian.

Aquí non hai présa. Non hai titulares. Non hai respostas curtas.

Cada episodio é un encontro dunha hora con persoas que viven o que fan desde dentro: artistas, deportistas, pensadores ou figuras vinculadas ao ámbito social e cultural. Voces distintas atravesadas por algo en común: unha forma intensa de estar no mundo.

Desde Tres Insuas, entendemos La Intensidad como un exercicio de escoita e de posta en valor do humano. Unha produción coidada que deixa espazo á palabra, ao silencio e ao que acontece entre ambos.

Porque cando alguén queda, xa está a pasar algo.

Sobre Julia

Son Julia, filla dunha maña e dun andaluz, coa curiosidade no ADN e a intensidade como brúxula. Licencieime en Xornalismo e Publicidade e Relacións Públicas, fixen un máster en Igualdade, Xénero e Educación, e aínda me pregunto se tanto estudo serve de moito ou se a verdadeira escola está nas historias que escoitamos e contamos.

Sempre vivín entre palabras: escribindo, editando, preguntando. Traballei en medios como El Correo Gallego, OK Diario ou La Sexta, xestionando redes sociais, investigando e sacando adiante entrevistas que me levaron a descubrir un pouco máis do mundo e de quen o habita. Tamén explorei a comunicación desde outras perspectivas, asesorando en igualdade de xénero e emprendendo con Destinare, o meu propio proxecto de consultoría.

Así naceu A Intensidade: nun momento de vulnerabilidade, cando a luz pestanexaba pero nunca chegou a apagarse. Porque a esencia non se perde, aínda que ás veces o pareza. E nese proceso, atopei en Tres Insuas o lugar onde esa idea podía medrar, tomar forma e converterse en algo compartido.

Encántame unha boa conversa, ese cara a cara que se transforma nun nós, nun espazo compartido onde exploramos xuntos. Quedar é querer saber. Quedar é descubrir que acontece.

Entrevistas

David Amor (cómico y actor)

O humor non é só facer rir. É exposición, ritmo e, moitas veces, incomodidade.

David Amor fala do escenario, da televisión e do que implica construír un personaxe sen perderse de todo nel. Tamén do tópico dos límites do humor e de se realmente existen nun momento no que todo parece poñerse en cuestión.

Porque, ás veces, o máis serio… é o que nos fai rir.

Leo Middea (cantautor)

Hai quen ten que escribir desde a tristeza. E hai quen, como Leo Middea, é quen de facelo mesmo cando está ben.

Unha conversa sobre crear desde a emoción, sobre moverse entre países, idiomas e escenarios, e sobre entender a música como unha forma de procesar o que nos pasa.

Porque sentir non sempre é estar mal, senón xusto o contrario.

Juan Terrón (capellán de prisión)

Pódese reinsertar alguén que nunca chegou a estar dentro?

Juan Terrón, sacerdote no centro penitenciario da Lama, abre unha conversa incómoda e necesaria sobre o sistema, a exclusión e a propia idea de reinserción.

Unha mirada que non simplifica, que non xulga á lixeira e que obriga a repensar moitas cousas.

Paulo Vicente (A Rapa das Bestas)

Tradición, identidade e corpo.

Paulo Vicente, presidente da asociación A Rapa das Bestas, achéganos a unha das tradicións máis singulares do territorio: quen son os aloitadores, que fan e por que seguen aí.

Porque hai cousas que non se entenden desde fóra. Hai que vivilas.

África Loureiro (Karateka)

A intensidade é disciplina.

África Loureiro, campioa do mundo de karate, fala sen épica do deporte de alto nivel: adestrar, repetir, controlar o corpo e soster a presión cando todo depende de ti.

E é que o talento axuda, pero non decide.

Antonia Jiménez (Guitarrista glamenca)

Hai artistas que pisan o escenario. E outras que o atravesan.

Antonia Jiménez teno claro: o flamenco non é só estética, é traballo, identidade e verdade. Horas, técnica e unha forma moi concreta de entender a música lonxe do superficial.

Porque tocar non sempre é un espectáculo, senón unha forma de vivir.

Scroll al inicio