a nosa historia

tres insuas

Tres Insuas Audiovisuais nace a finais de 2023 coa vontade de transformar o panorama audiovisual galego, apostando por narrativas innovadoras, estéticas coidadas e producións que marquen a diferenza. Nun tempo récord, consolidouse como unha das produtoras emerxentes máis versátiles, traballando en múltiples formatos que van desde a ficción e o documental ata a produción de eventos e campañas publicitarias de gran impacto.

O noso traballo caracterízase por unha dirección de fotografía coidada, unha posta en escena precisa e unha montaxe áxil que conecta co público. A nosa experiencia abrangue proxectos de alto nivel como a Gala do Deporte da Estrada, unha produción de referencia en Galicia, ou o espectáculo teatral «Mangoreté«, que logrou encher teatros como o Principal da Estrada, o Jofre de Ferrol ou o Auditorio de Narón. Ademais, desenvolvemos experiencias híbridas como Dende a Sétima Arte, que transformou a Praza da Quintana nun escenario cinematográfico con música en directo.

 No ámbito musical, producimos videoclips como «Estival» de DJ Mil, que acadou máis de 120.000 reproducións na súa primeira semana, ou pezas de carácter máis conceptual como «Ansiedade» de Seixo, demostrando a nosa capacidade para traballar tanto no mainstream como en propostas máis autorais.

En publicidade e comunicación, destacamos pola dirección e desenvolvemento da campaña ABERTO (Contemporánea), construíndo unha identidade audiovisual común para a rede galega de galerías de arte contemporáneo, así como pola produción audiovisual da colaboración entre Lula Goce e Victoria’s Secret, un proxecto de alcance internacional que reforzou a nosa proxección no sector.

Paralelamente, desenvolvemos proxectos de forte carácter identitario e documental como «Pontecesures, 100 anos de historias», ou o traballo continuado nos anos arredor do Día de Rosalía, convertendo unha iniciativa institucional nun exercicio de narrativa colectiva recoñecible e en constante evolución.

A nosa capacidade de adaptación lévanos tamén a proxectos institucionais e de comunicación estratéxica como EstradaDixital ou RuralMente, nos que abordamos o reto de traducir mensaxes complexas e institucionais en relatos próximos, humanos e emocionalmente conectados coa audiencia. Nestes proxectos, apostamos por un enfoque que vai máis alá da comunicación convencional, construíndo pezas que reforzan a identidade do territorio e xeran vínculo real co público.

Esta mesma versatilidade trasládase a formatos dirixidos a novos públicos, como o programa infantil Dinamiza TV, onde combinamos narrativa audiovisual, didáctica e entretemento para conectar co espectador máis novo desde códigos contemporáneos e accesibles.

Ao mesmo tempo, abordamos eventos de gran escala e alta intensidade como Compostela Street, nos que a capacidade de reacción e a execución técnica conviven cunha mirada creativa clara. Este tipo de proxectos esixen unha metodoloxía de traballo áxil e coordinada, capaz de captar a complexidade do evento sen perder coherencia narrativa nin identidade visual.

Unha Nova Forma de Entender o Audiovisual

Tres Insuas aposta por unha linguaxe visual propia, que combina a experimentación coa técnica depurada. O noso compromiso co detalle e a narrativa converte cada proxecto nunha peza única, capaz de emocionar e conectar co público.

Movémonos con naturalidade entre o institucional, o artístico e o comercial, entendendo cada proxecto como unha oportunidade para construír relato, identidade e impacto.

O noso obxectivo é consolidarnos como unha das produtoras audiovisuais de referencia en Galicia e máis alá, apostando sempre pola calidade, a creatividade e a innovación. Se precisas levar o teu proxecto a outro nivel, en Tres Insuas atoparás o equipo para facelo realidade.

Vimos das Tres Insuas

Dúas miradas, unha mesma linguaxe

Tres Insuas nace da unión de dúas traxectorias complementarias: a dirección creativa e visual de Lucas Terceiro e a experiencia interpretativa e de produción de Paula Cereixo.

Dende esta dualidade construímos unha forma de traballar que integra narrativa, estética e execución cunha visión global. Abordamos cada proxecto desde dentro, entendendo tanto a lóxica da produción como a sensibilidade do relato.

Máis que un equipo técnico, somos unha estrutura creativa que se adapta a cada proxecto, mantendo sempre unha identidade clara.

Eu son Lucas Terceiro

Director, produtor e director de fotografía

A dirección creativa e visual de Tres Insuas son o meu patio de recreo. A miña traxectoria sempre conectou publicidade, cultura e audiovisual, e levoume a desenvolver unha linguaxe propia moi centrada na narrativa e no coidado estético.

Tras unha primeira etapa vinculada ao branding e á comunicación, rematei orientando a miña carreira cara á dirección audiovisual, traballando en proxectos de ficción, documental, publicidade e videoclips. O meu traballo foi recoñecido con máis de 400 seleccións internacionais e 11 nomeamentos aos Premios Mestre Mateo, galardón que rematei acadando no 2023.

Dentro de Tres Insuas encárgome da conceptualización e dirección de proxectos como a campaña ABERTO, a produción audiovisual para Victoria’s Secret xunto a Lula Goce, ou pezas documentais como Pontecesures, 100 anos de historias.

O meu enfoque combina precisión técnica e intención narrativa, construíndo imaxes que non só acompañan o relato, senón que o definen.

Eu son Paula Cereixo

Produtora, comunicadora e actriz

En Tres Insuas teño a sorte de achegar unha visión máis integral do audiovisual, construída a partir da miña traxectoria como actriz e produtora en cine, televisión e teatro.

Formeime en Comunicación Audiovisual e Arte Dramática, e desenvolvín a miña carreira diante das cámaras en producións como A Estiba (TVG), pola que fun nomeada aos
Premios Mestre Mateo, ademais de participar en cine e diferentes formatos de ficción e documental.

Paralelamente, especialiceime na produción audiovisual, participando en proxectos televisivos e cinematográficos, o que me permite comprender e xestionar todas as fases dun proxecto.

En Tres Insuas son a encargada da dirección de produción e da coordinación de proxectos, sendo clave no desenvolvemento de iniciativas como Mangoreté, Dinamiza TV ou a produción de eventos e campañas de carácter institucional e cultural.

A miña capacidade para conectar equipos, relato e execución creo que forman parte das pezas esenciais da maquinaria desta produtora.

Os nosos colaboradores

Tres Insuas complétase cunha rede de colaboradores técnicos e creativos que se incorporan en función das necesidades de cada proxecto, permitindo abordar producións de distinta escala sen perder coherencia nin identidade:

Román Sanín

Román Sanín é fotógrafo e videógrafo, colaborador habitual de Tres Insuas, cunha mirada artística propia e unha forte sensibilidade visual que aporta carácter e identidade a cada proxecto. A súa traxectoria abrangue desde videoclips e campañas publicitarias ata proxectos documentais e cobertura de eventos, movéndose con solvencia entre distintos formatos e linguaxes.

A súa relación profesional con Lucas Terceiro comeza en Compañeiros, proxecto no que Lucas exerceu como produtor executivo e director de fotografía, mentres que Román realizou o making of. Desde entón, manteñen unha colaboración continuada baseada na confianza creativa e na afinidade estética.

Desde 2022, Román participa en distintos proxectos documentais dirixidos por Lucas Terceiro, como Acorda e Acordamos, consolidando unha forma de traballar compartida na que a narrativa e a imaxe evolucionan de maneira coherente.

Dentro de Tres Insuas, formou parte de producións clave como Mangoreté, o documental Pontecesures, 100 anos de historias, o festival Compostela Street, a Gala do Deporte da Estrada ou a peza institucional RuralMente, integrándose nun equipo capaz de abordar proxectos de alta esixencia técnica e creativa.

Especializado tamén en imaxe aérea como piloto de dron, incorpora novas perspectivas que amplían a narrativa visual e reforzan o impacto das pezas. A súa capacidade para integrar técnica, creatividade e adaptación ao contexto convérteo nun colaborador fundamental dentro do ecosistema de Tres Insuas.

Scroll al inicio